Cestos cheos de sabedoría


Seguen disfrutando da súa liberdade os maiores de Ponteceso, e continúan aproveitando o programa de envellecemento activo "Saber ser b(v)ello”, para seguir aprendendo. Se comezaban collendo, de novo, o lapis, este ano unha das actividades destacadas esta sendo un obradoiro de cestería de papel. O obradoiro consiste en que os participantes elaboren as varillas con recortes de papel de periódico para despois comezar co trenzado. Temos que destacar que o proceso de elaboración é totalmente ecolóxico xa que non se usa ningún material comprado.
A totalidade dos participantes esta realizando o obradoiro cunha satisfacción MOI ALTA xa que en só 3 sesións conseguiron rematar a primeira cesta, o cal indica o seu grado de esforzo e constancia que levan demostrado dende fai anos.

Novas relacionadas
- A sobrecarga de traballo deteriora a atención nas Residencias Públicas de Maiores.
- Os maiores de Ponteceso volven coller o lapis.
- Vai de maiores por Vimianzo.
- Os maiores de Cee tomaron o auditorio.
- Os maiores de Ponteceso empezan o Outono enchufados á vida.
- O Couto, un experimento universitario para salvar ás aldeas de todo o mundo.
- A Costa da Morte perdeu máis de 5.000 persoas na última década e 840 no último ano.
- 2012: Cada comarca da Costa da Morte perde un centenar de persoas ao ano.
- Europa aprende a envellecer activamente en Ponteceso.
- A Costa da Morte terá en 10 anos 213 maiores de 65 anos por cada menor de 20.
Fonte
- Información e fotos de Fátima Fernández.