Luns. 24.01.2022
El tiempo

Chapa e pintura para evitar a chuvia no PAC de Ponteceso

Centro de Saude Pac ponteceso
O Delegado da Xunta, Gonzalo Trenor, visitou o Centro pontecesán
Chapa e pintura para evitar a chuvia no PAC de Ponteceso

Un outono pasado por auga viviron no Centro de Saúde e no PAC de Ponteceso. As pingueiras convertíanse en chuvia por momentos, polo que os profesionais denunciaron a situación. Tardaron, pero chegaron finalmente as obras de mellora. Unhas obras de ”chapa e pintura”, como define algún traballador, e que consistiron na rehabilitación de cubierta que recolleu tamén a colocación do canlón perimetral interior en chapa de zinc de 0.65mm, e prolongación de tubarías de ventilación existentes no baixo cuberta.

Foron 79.000 euros investidos nun centro tremendamente envellecido, e deulle un bo lavado de cara, co pintado das paredes exteriores incluíndo a limpeza a presión de todas as superficies, rascado de desconchados, emplastecido e selado de fisuras e varias mans de pintura. Ademais, levouse a cabo a reparación do murete perimetral incluíndo a aplicación de mortero e selado de fisuras. Finalmente, tamén se renovou todo o chan vinílico por pavimento vinílico.

Novas relacionadas

comentarios