Martes. 19.03.2024
El tiempo

Chove no PAC de Ponteceso

Chove no PAC de Ponteceso
Chove no PAC de Ponteceso
Chove no PAC de Ponteceso

A situación é insostible no PAC do Centro de Saúde de Ponteceso. Os profesionais sanitarios levan meses avisando á Xerencia, ao Concello, mesmo facendo un comunicado de risco polo grve estado do edificio, que provoca unhas pingueirqas que xa semellan fervenzas.

Dende o pasado mes de xuño, cada vez que chove, tamén chove dentro do PAC, e a cousa cada vez se pon miss dramática. A luz xa sofre cortes en diferentes estancias pero temen por posibles cortocircuitos que se poidan producir, poñendo en risco a saúde dos proesionais e dos pacientes.

A Consellería de Sanidade xa viñeron nun momento, pero instalaron unha tela asflática evidentemente insuficiente. Aseguran dende o ente autonómico que teñen un proxecto preparado para empezar en outubro, pero “non podemos aguantar así”, aseguran os profesionais do PAC.

A situación máis grave a sofren eles porque durante o turno de noite, pois a sala habilitada para durmir é a máis afectada e teñen que facelo en salas comúns. A humidade e a posibilidade dun cortocircuito fan saltar as alarmas.

Sobre a falta de persoal, dende o PAC aseguran que non teñen tanto problema, pero si recoñecen que en horario ordinario, os Centros de Saúde de Cabana e Laxe si que teñen problemas coas substitucións.

Novas relacionadas

Comentarios