mércores. 04.12.2024
El tiempo

Cine e artesanía conflúen esta fin de semana en Corme

Cine e artesanía conflúen esta fin de semana en Corme

O Mercado Mariñeiro de Artesanía dase a man esta fin de semana de 5 e 6 de agosto co Documac, a Mostra Documental da Costa da Morte. O Museo de Arte Contemporánea da Costa da Morte, MACCMO, acolle esta primeira mostra documental, artellada pola Fundación Torre Pujales, coa proxección de 6 documentais.

Inaugúrase o sábado ás 18:00h, e poderanse ver “Malla”, de David Diaño; “Escalera en una casa en el aire” e “A la minute”, de Bruno Correira; “Los Karamazoff”, dean Gamero e Carmen Rodríguez. Antes do remate haberá unha nova homenaxe a Manuel Ferreiro e ás 21:15 actuará Georgina Rubio.
O domingo, tamén a partir das 18:00h, proxectarase “Francesca y el amor”, de Alba Sotorra; e “Descubriendo a José Padilla” (de Marta Figueroa e Susana Guardiola). Farase entrega ao documental gañador.

Pola súa parte, o Mercado Artesán Mariñeiro xa chega á súa 5ª edición, cada vez con máis actividades.

Mercado Artesania Corme

Comentarios