Xoves. 03.10.2024
El tiempo

Corme acolle a estrea do documental sobre Mourelle da Rúa

Captura do Docmental de Mourelle da rua
Captura do Docmental de Mourelle da Rúa
Corme acolle a estrea do documental sobre Mourelle da Rúa

A vila de Corme conta as horas para o I Ciclo de Cine Documental Xosé Manuel Ferreiro Chans. A Asociación Cultural Insua de Viastela vai homenaxear a este gran amante da sétima arte cun programa moi especial. A estrea do documental sobre “Mourelle da Rúa. O último gran Descubridor”, dirixida por Chema Gagino e producida por Recrea Films, vai ser o punto forte do documental. O propio director cormelán será o que presente, xunto a Amalia Mato, esta gran aposta por poñer en valor da figura do gran descubridor cormelán. Grandes especialistas como Suso Lista, Fernando Patricio Cortizo ou Rafael Lema, ou son algúns protagonistas deste documental.

Chema Gagino tamén estará na presentación, xunto con Marcos Nine, A Virxe Roxa, un filme moi costeiro.

O trío de filmes completarase co Gran Camiño. As tres proxeccións, con debate, serán no Museo de Arte Contemporáneo de Corme ás 19:30h os días 21, 22 e 23 de xullo.

Ciclo de Cine Documental MACCMO

Ademais, esta fin de semana teremos concerto no lugar de Froxán, a aldea da música, con Simón Gallego. O concerto será ás seis da tarde.

Concerto en Froxan

Novas relacionadas

Comentarios