Venres. 19.04.2024
El tiempo

Corme esgotou cos 1.000 quilos de percebes do Roncudo

Corme esgotou cos 1.000 quilos de percebes do Roncudo

Case que 1.000 quilos de percebes. Ou o que é o mesmo: unhas 3.600 raciones de percebes con cachelos. E non quedou ningún pois se agotaron todas as existencias. Esas son as cifras máis salientables da XIX Festa do Percebe do Roncudo, probablemente a festa gastronómica de máis tirón da Costa da Morte. I é que a denominación de orixe do percebe do Roncudo ten un nome difícil de conseguir. E ano tras ano, a Festa de exaltación deste marisco non o desmerece.

Moita espectación ao longo do día, coas carpas cheas e as racións rulando polas mesas adiante. E cheo total na Praza da Ribeira, onde se leu o pregón e onde se celebrou a divertida sesión vermú. Foi, segundo sinalan dende a organización, o ano no que máis xente se achegou a Corme.

E a festa ten a súa relevancia nacional. Así o ratifica a presencia do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, asistiu á Festa do Percebe de Corme, acompañado pola plana maior do PP provincial e galego.

Galardóns deportivos

Foi Óscar Rey Calo o encargadao de facer entrega dos galardóns polos éxitos deportivos acadados no 2011 ao Corme de xuvenís , a Fran Bugallo (campión de 100 lisos galego na especialidade de cadete) e tamén a propio Martín Varela.

Martín Varela, o Pregoeiro

Quen mellor que o cormelán máis internacional (que ademais viña de colleitar unha nova vitoria en Madrid) para dar o pregón. Toda a vila o agardaba, e non cabía un alfaiate na praza. E non defraudou. Fixo un pregón emotivo repasando a importancia do percebe presente en todo o mundo, naqueles lugares onde el compite. Tamén falou da súa infancia, el foi colaborador das primeiras edicións da festa do percebe.

A súa naturalidade e amor a Corme quedou patente, así como o cariño que as xentes da zona lle teñen a este campión. I é que o pobo volcouse vendendo rifas para conseguir fondos para que o tenista poida competir en torneos internacionais, acadando puntos que o acheguen á Paraolimpiada de Londres 2012.
Aquí deixamos o pregón, sen dúbida o máis escoitado e agardado de todos os que houbo ata o día de hoxe, que nos achega alguén que o coñece ben, Lorena Collazo.

Música e monkies

Tremenda a sesión vermú que viviu a praza da Ribeira de Corme. I é que non se trata dunha sesión tradicional. Por Corme van á última e foron, un ano máis, os Three Monkies Again, de Eventos On, puxeron música para que ninguén parase de bailar e así poder baixar os quilos de percebe que foron alá...

E iso si, foi en auténtico "El Parga" o que puxo a nota máis singular e divertida co seu espectáculo musical e de performance.

Boa organización

Cómpre destacar Destacamos a boa organización que posibilitou aparcamento para todo o mundo ampliando zonas de aparcamento na nova urbanización do Osmo, preto do Hotel. Ademais, o Concello cumpriu e mantivo todo en orde e deixou todo limpo ao seguinte día nun novo despertar. Dende alí apuntan que "xa é a conta atrás para unha nova edición o ano vindeiro".

Máis información

Novas relacionadas

Novas da Festa do Percebe

Fonte

Comentarios