Martín Varela segue gañando torneos coma puños


Non para Martín Varela. Nin os percebes coma puños do Roncudo lle quitan a fame de triunfo e se esta pasada fin de semana daba o pregón na Festa do Percebe do Roncudo, tiña tempo para traer un novo título.
A cita foi a fin de semana do 30 ao 3 de xuño, cando o cormelán Martín Varela Dourado, integrante da sección de deporte para discapacitados A.D. Cempés e coa colaboración do colectivo "Con V de Valarés", Apligasa e Deceuninck, participaba nunha nova proba do circuíto nacional de tenis en cadeira de rodas: a terceira edición do Open Cidade de Rivas, disputado no Polideportivo Parque do Sueste desta localidade madrileña.
Martín Varela superaba na final ao seu paisano Álvaro Illobre, finalista tamén do pasado ano, por 7-5 e 6-3. Ademais, Varela tamén alcanzou a final facendo parella co madrileño Rubén Pérez, pero caían derrotados nun apretadísimo partido ante a parella Illobre - Pina por 7/5, 4/6 e 10-5.
Trátase do segundo triunfo consecutivo do cormelán tras gañar tamén o torneo internacional no ITF da Coruña.

Máis información
Novas relacionadas
- Martín Varela campión do Open de Oviedo.
- Martín Varela segue colleitando triunfos e patrocinios para chegar a Londres 2012.
- Martín Varela, subcampión de España.
- Martín Varela leva á Selección Española á súa mellor posición nunha Copa do Mundo.
- Un cormelán na Copa do Mundo.
- Martín Varela preparou a Copa da Mundo en Marbella.
- Martín Varela continúa cun comezo de campaña ilusionante.
- Martín Varela escríbese con V de Valarés.
- Martín Varela comeza a temporada internacional cun triunfo en Italia.
- Martín Varela inicia, sen patrocinio, a tempada de tenis en cadeira de rodas 2011 en Italia.
- O Festival ConVdeValarés asina coa Axenda SON da Estrella Galicia e completa o cartel.
Fonte
- Nota de prensa de Esteban Varela.