Venres. 03.05.2024
El tiempo

Corme, único lugar de toda España que acolle o II Festival Internacional de Cine Independente Extramuros

Ponteceso Cultura Permanente Fesival Extramuros en MACCMO 2
Corme, único lugar de toda España que acolle o II Festival Internacional de Cine Independente Extramuros

Fantástica ocasión de ver cine diferente na Costa da Morte. O colectivo Ponteceso Cultura Permanente consegue a Ponteceso o II Festival Internacional de Cine Independente EXTRAMUROS. Organizado por Casa Bukowski (Chile) poderemos disfrutar estes xoves 30 e venres 31 de marzo o cine creado dende as provincias, periferias ou calquera punto fóra das capitais do mundo, normalmente excluído das pantallas convencionais.

Ponteceso convértese así no único lugar de España que acolle este festival, que tamén acolle Francia, Chile, Cuba, Italia, Guatemala, Perú, Rusia, Brasil, Alemaña, Singapur, Austria, Venezuela, México, Estados Unidos, Finlandia Irán, India, Ecuador, Turquía, Marrocos, Suíza, Arxentina, Colombia, Bolivia, Senegal, Eslovaquia-Servia, Panamá, Corea do Sur, China e Uruguai.

Hoxe, xoves 30 de marzo, ás 20:00h proxectarase no Museo de Arte Contemporáneo da Costa da Morte (MACCMO) de Corme, o filme “Lo Habitado” (Argentina-Chile; 2021; dirixida por Martin Emiliano Diaz). Un filme que retrata as peripecias de 4 adolescentes dun barrio obrero dos arrabaldes de Bos Aires.

O venres 31 de marzo, ás 20:00h, o propio MACCMO acolle “Bienvenido a casa hermano” (Eslovania-Serbia; 2022; dirixida por Peter Sege Butko). Un filme que nos leva aos balcáns.

Comentarios