Martes. 01.12.2020
El tiempo

Un cormelán sorprendido con 48kg de marisco ilegalmente capturado en Malpica

Imaxe do momento do operativo
Imaxe do momento do operativo
Un cormelán sorprendido con 48kg de marisco ilegalmente capturado en Malpica

Multiplicáronse os operativos contra o furtivismo en estado de alarma. Esta semana tivo lugar outra incautación en Malpica, por parte do Equipo do Seprona da Garda Civil do posto de Corcubión.

Un veciño de corme resultou denunciado ante a Consellería de Mar ao ser interceptado con 48 kg de mariscos ilegalmente recollidos e non pasados por lonxa, pois boa parte era marisco en veda (nécoras, lubrigantes e santiaguiños) e o resto, centola, estaba ovada.

O Seprona devolveu o marisvo vivo ao mar no porto de Barizo.

Accións contra o furtivismo en corentena

comentarios