Martes. 26.03.2019
El tiempo

O Couto terá a súa senda peonil

Imaxe do Couto
Imaxe do Couto
O Couto terá a súa senda peonil
O Couto terá a súa senda peonil

Leva anos a veciñanza do Couto pedindo seguridade no lugar. A estrada AC-424 corta en dous a activa aldea das letras, nunha zona ademais na que os coches non soen respectar os límites de velocidade, xerando un tremendo problema para os veciños. Unha necesidade que ata a Fundación Eduardo Pondal lle trasladou no seu día á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade.

Parece que as queixas dende a Fundación xurdiron efecto pois onte, a Ethel Vázquez, explicou ao alcalde de Ponteceso, Lois García, que a Xunta redactará o proxecto para construír unha senda entre O Couto e Ponteceso.

Ademais, o Goberno galego estudará as posibilidades de atender ademais a execución dun espazo de aparcadoiro na zona.

Do que non falan é da posible colocación dunhas bandas sonoras para reducir a velocidade.

Comentarios