Mércores. 24.04.2024
El tiempo

EMPREGO

O coworking instálase na Costa da Morte

Ponteceso acolle unhas oficinas para compartir entre novos emprendedores

Oficinas de Coworking Costa da Morte
Oficinas de Coworking Costa da Morte
O coworking instálase na Costa da Morte

Xa houbo algunha experiencia, pero o coworking vai chegando á Costa da Morte. É que as novas profesións relacionadas coa tecnoloxía, e o autoemprego, obrigan a crear eses espazos nos os novos emprendedores do rural costeiro poden compartir unhas oficinas comúns. Espazos onde ademais as sinerxias soen xerar proxectos en común, beneficiosos para cada un dos que se animen nesta aventura

En Ponteceso nace estas semanas o primeiro Coworking en Costa da Morte. Da man de Álvaro Domínguez Loureiro, un deses activos emprendedores bergantiñáns, que son 21 anos xa pasou pola Comisión de Festas, é o actual presidente do Ponteceso SD e a día de hoxe está embarcado nun negocio especializada en tráfico online.

”Coworking Costa da Morte nace tras ver a necesidade que hai de ofrecer un lugar a emprendedores e xa profesionais establecidos na zona. Estamos continuamente falando de emprender pero non estamos dando facilidades aos mozos para facelo. Cabana leva varios anos realizando conxuntamente coa EOI un programa para emprendedores que dura 6 meses e realmente está ben, pero quédase niso, un programa case máis formativo que outra cousa. Nós queremos que todos eses emprendedores poidan acceder a unhas oficinas profesionais durante todo o ano e por un prezo asumible”, explica.

Por iso fai un “chamamento a todos os profesionais/emprendedores que estean sos (Peritos, Arquitectos, Comerciais autónomos, Asesores.....) a que traballen dun xeito conxunto e realmente loiten por algo común que é crear unha forma de vida”.

Loureiro ten claro que empreder na casa ten un valor doble. “Un dos alicerces fundamentais á hora de emprender o primeiro Coworking da Costa da Morte é o compromiso que teño por Ponteceso e Costa da Morte”.

Os locais estarán listos a finais deste mes, e a campaña de promoción de benvida é de 49,90€/mes con todo incluído ata o 15 de marzo. Podedes contactar no 622 70 18 51.

Comentarios