Sábado. 04.05.2024
El tiempo

A Directiva de Prot. Civil de Ponteceso presenta unha denuncia penal pola xestión do coche oficial

Coche de Proteccion Civil de Ponteceso
A Directiva de Prot. Civil de Ponteceso presenta unha denuncia penal pola xestión do coche oficial

Hai varias semanas contabamos como o responsable de Protección Civil de Ponteceso estaba exercendo e usando o coche oficial a pesar de non ter sacado o carnet de conducir.

Unha situación derivada da crise interna do goberno socialista, durante a cal o alcalde Lois Carballido foi alonxando a todos os seus achegados, incluídos os propios membros de Protección Civil que formaban parte da súa lista.

Así, esta semana parte da Directiva apartada da Agrupación de Voluntarios (nomeadamente o presidente Modesto Parga, o vicepresidente Faustino Santiago e a secretaria Ana Pérez Imia), xunto co exedil do PP e actual non adscrito Daniel García Cotelo, veñen de presentar unha denuncia penal nos Xulgados de Carballo contra o Alcalde e contra o voluntario en cuestión, “no caso de que os feitos puidesen abranguer os personaxes dos delitos de prevaricación e condución sen carné”.

”Son feitos graves, de probarse, xa que se trata de conducir un vehículo oficial, sen carné, polas rúas e estradas do municipio, prestando unha asistencia imprescindible e urxente, mesmo nas proximidades de centros escolares ou asistenciais”, explican no escrito. Consideran a decisión do alcalde "absolutamente arbitraria".

Novas relacionadas

Comentarios