O do Roncudo, escollido Mellor Percebe de Galicia

09:45 17/06/23
Este pasado venres a TVG estreaba programa, “Bicos e bicas”. E unha das primeiras accións tivo que ver cos nosos percebes.
A canle realizou unha enquisa con chamadas telefónicas por toda Galicia preguntando cal é mellor percebe de Galicia. Tras unha primeira rolda saíron escollidas 4 denominacións: Baiona, Aguiño, Cedeira e Corme.
Continuaron con chamadas, preguntando e preguntando, e a finalísima, gravada esta semana en Ourense, consistía nunha cata con especialistas. Ata aló foi unha delegación cormelá con patrón maior e presidente da Agrupación á cabeza.
Menuda alegría levaron cando viron que a cata, e a enquisa colocaba o percebe do Roncudo como o Mellor de Galicia, con moita vantaxe sobre os seus perseguidores.
Poden ver aquí o programa.