Percebeir@s de Corme intensifican os controis contra o furtivismo

Albíscase o verán e o furtivismo mete unha marcha máis. Así o comproban os percebeiros e percebeiras de Corme, que xa levan varias actuacións en menos dun mes. De feito, avisan aos amigos do alleo que estes meses ante setembro van facer, percebeir@s e vixilantes, moita vixilancia tanto diurnas como nocturnas.
Fano despois de varias intervencións. Se hai 15 días cazaron a 2 percebeiros en acción, esta semana, o luns, que fixo un día de néboa, apareceu a famosa pedra do Roncudo traballaba. De feito, os percebeiros atoparon que a pedra foi aniquilada esa mesma mañá, aparecendo percebes e mexillóns enriba das pedras.
Máis tensa aínda foi a mañá de onte, mércores, cando cazaron dous furtivos coa marea chea con traxes de neopreno e un esperando no coche. O do coche, ao ver as manobras de máis dunha ducia de percebeiros que acodiron a pechar a estrada do Roncudo mentres esperaban pola garda Civil e os Gardacostas da Xunta, escapaba polas corredoiras da zona. Tamén escaparon desta volta, pola auga, os dous furtivos, entenden que xente de fóra, mergullándose polas rochas .
En calquera caso, avisan que van intensificar as vixilancias pensando na época estival, unha das épocas fortes do ano, e tamén pola Festa do Percebe.
Novas relacionadas
- Medio millar de percebeiros maniféstanse pacificamente para que respecten os seus “santuarios”.
- Percebeir@s de Galicia únense na Asociación PERCEGA un día antes de manifestarse contra a permisividade da Xunta cos bateeiros.
- Novembro 22: Mariscadores da ría de Corcubión denuncian a presenza de furtivos na zona do Cabo C.
- Xullo 22: Os percebeiros de Muxía cazan un grupo de furtivos esquilmando 36 kilos de percebes nas rochas da Barca.
- A Confraría de Malpica reclama máis medios de vixilancia na tempada estival ante o aumento do furtivismo.