Mateo Pérez Soto segue sumando éxitos coa medalla de bronce na XXXV Olimpiada Nacional de Química

Aboslutamente alucinante o deste alumno do IES Agra Raíces de Cee. Ten gañado a Olimpiada de Física, ten participado en foros internacionais de lectura, e esta pasada fin de semana vén de levar a medalla de bronce na XXXV Olimpiada Nacional de Química. Falamos de Mateo Pérez Soto, que nos trae este orgullo costeiro nunha Olimpiada celebrada na Facultade de Química da USC.
Acodían os mellores 113 alumnos e alumnas de química de Bachillerato de centros educativos de toda España (9 galeg@s). Mateo Pérez Soto quedou entre os 30 mellores alumnos e alumnas, quedando cunha das 10 medallas de bronce a nivel estatal.
O decano do Colexio Oficial de Químicos de Galicia e presidente da Asociación de Químicos de Galicia, Manuel Rodríguez Méndez, felicitou ao ceense “polo seu esforzo, polo seu traballo, polo seu talento”, vaticinando que “ten por diante un brillante futuro”.
Máis novas dos IES
- Abril 22: O alumno baiés Lucas Rama, campión da Olimpiada Filosófica de Galicia.
- Marzo 22: Mateo Pérez Soto tamén gaña a Olimpiada Galega de Química e prepárase para a cita estatal.
- Marzo 22: Mateo Pérez, do IES Agra de Raíces, gaña as Olimpíadas de Física na UDC.
- Setembro 21: O ceense Mateo Pérez Soto foi o representante español no Seminario "Leer. Iberoamérica lee”.
- Novembro 20: Mateo Pérez, do IES Agra de Raíces obtén a mellor das notas nos premios extraordinarios da ESO ao rendemento.