Sábado. 02.11.2024
El tiempo

O alumno baiés Lucas Rama, campión da Olimpiada Filosófica de Galicia

O baies Lucas Rama campion da Olimpiada de Filosofia de Galicia
O alumno baiés Lucas Rama, campión da Olimpiada Filosófica de Galicia

Seguimos descubrindo talentos nos nosos centros de ensino. Esta semana, foi o alumno Lucas Rama Camino (2º Bacharelato do IES Maximino Romero de Lema) o que traía grandes novas para a comarca acadando o primeiro posto na clasificación xeral galega da IX Olimpiada Filosófica de Galicia. O certame celebrouse este xoves, 7 de abril na Facultade de Filosofía da Universidade de Santiago e Lucas levou unha completa disertación sobre transhumanismo (podes descargar aquí o pdf).

Para o IES Maximino Romero de Lema “é unha honra e un orgullo estar representados a tan alto nivel nesta Olimpiada”, e felicitan ao alumno “por este éxito, produto do teu esforzo, valía, forza de vontade e traballo constante”. Unhas felicitacións extensibles á mestra Ana Baneira, xefa do departamento de Filosofía e preparadora de Lucas, a base de “rigor, seriedade e cercanía e por transmitirlle o entusiasmo pola Filosofía”.

Con este premio accede directamente á fase nacional: a Olimpiada Filosófica Nacional, que terá lugar o vindeiro luns 25 de abril en Santiago de Compostela.

Máis novas dos IES

Comentarios