Martes. 23.04.2024
El tiempo

Emotivo arranque do Festiletras coa entrega dos premios Bos e Xenerosos

Emotivo arranque do Festiletras coa entrega dos premios Bos e Xenerosos
festiletras-2017-bos-xenerosos Marcos Pereiro, Uxía Senlle, Concha Blanco, Ramón Villares, a Fundación Barrié e Xosé Antonio Touriñan recibiron o premio Bos e Xenerosos da Fundación Eduardo Pondal. Imaxe: Diario de Bergantiños Onte botou a andar a 35ª edición das Festiletras do Couto; un variado programa cultural co gallo da celebración das Letras Galegas. O programa arrancou, como vén sendo habitual, coa entrega dos Premios Bos e Xenerosos da Fundación Eduardo Pondal; un recoñemento pola defensa da lingua que nesta ocasión recaeu no académico Ramón Villares, na cantante Uxía Senlle, na Fundación Barrié, na escritora Concha Blanco e nos humoristas Marcos Pereiro e Xosé Touriñán (que non puido asistir á entrega do premio). O acto abriuse cunha presentación institucional na que participaron os premiados e no que Uxía Senlle cantou unha estrofa do himno galego. ofrenda-floral-festiletras Onte tivo lugar no adro da igrexa de San Tirso a tradicional ofrenda floral. Imaxe: Diario de Bergantiños "Foi un acto moi emotivo", recoñece Xosé María Varela, un dos organizadores do Festiletras. A emoción sentiuse na inauguración da exposición de pintura "A cantiga de Buserana" de Viki Rivadulla na que un dos cadros está adicado a Paco Souto - que faleceu o pasado mes de abril mentras mariscaba -. A inauguración da exposición veu acompañada "doutro descubrimento", recoñece Varela que veu da man de Adhara Caamaño; unha carnotá que interpreta a Rosalía de Castro en clave de reggae. A xornada matinal rematou cun par de pezas interpretadas polos integrantes da escola de Zanfonas da Terra. adhara-caamano-festiletras Adhara&Ritman participaron na inaguración da mostra de pintura de Riki Rivadulla As actividades continauron pola tarde cun itinerario dramatizado que discorreu por Dombate e por Fornelos (Baio-Zas) onde se conserban topónimos pondalianos como Fornellas e Reirís. A ruta fíxose en colaboración coa asociación de veciños "A Fonte" de Fornelo. A dramatización do itinerario correu a cargo de Yago Espasandín - estudante da escola dramática de Galicia -, Tamara Lema e Silvia Losada. marcos-pereiro-festiletras Marcos Pereiro fixo rir aos espectadores co seu monólogo "Como ser armario empotrado" A primeira xornada do Festiletras 2017 rematou co monólogo "Como ser armario empotrado" de Marcos Pereiro quen foi capaz de facer rir sen parar aos máis de 70 asistentes durante hora e media. Durante o seu espectáculo, Pereiro - que xa actuou no Festiletras en varias ocasión interpretando ás Cantareiras de Ardebullo - "presentou o seu libro" sobre o mundo dos ximnasios.

Homenaxe a Asunción

Isabel Rey Porteiro-Labregha Bergantinana no Festiletras Isabel Rey Porteiro recibiu o premio de Labregha Bergantiñana no Festiletras

A cita do luns incluíu unha fermosa homenaxe a Asunción Antelo. Alumnos do IES de Ponteceso escoitar de primeira man un coloquio sobre a Rexoubeira de Bergantiños, a “A voz feminina creativa máis salientable das terras de Pondal”. Cristina Abelleira, Lupe Blanco, Silvia Losada, Eloi Vidal, Miguel Calvo e J. A. Andrade, participaron antes do recital poético da mocidade.

Tan emotivo foi ademais o recoñecemento como Labregha Bergantiñana a Isabel Rey Porteiro, esa eterna veciña que tanto fixo por Asunción e que tanto ten feito polo seu legado.

Concerto de Sés

Moi esperado foi o concerto de Sés, que volveu encher a Casa dos Veciños do Couto.

https://www.facebook.com/quepasanacosta/videos/10155159563977177/  

Novas relacionadas

Máis novas

Máis Programas das Letras Galegas

Fonte

Comentarios