Venres. 11.10.2024
El tiempo

A Escola Municipal de xadrez de Ponteceso disfrutou dos campionatos comarcais

xadrez alevin-ponteceso
Equipo alevín pontecesán
A Escola Municipal de xadrez de Ponteceso disfrutou dos campionatos comarcais
A Escola Municipal de Xadrez de Ponteceso acadou un terceiro e cuarto posto na fase intercomarcal da Coruña, disputada o pasado 23 de abril na cidade herculina.

As partidas celebradas no salón de actos do complexo deportivo de Elviña I, situaron ao cadro infantil en terceiro lugar. Os integrantes do equipo: Lucas Santos Garrido, Salvador Andrade Varela e Lucas Moreira Doldán acadaron a categoría de bronce tras gañar e empatar un encontro e perder o último contra o campión da fase.
Pola súa banda o equipo alevín, no que competía Alex Moreira Doldán, quedou en cuarto posto.
 

Comentarios