Sábado. 20.04.2024
El tiempo

As explicacións do alcalde pola crise da auga de Corme terán que esperar

O alcalde de Ponteceso cunha visita da Deputacion o mes pasado
O alcalde de Ponteceso durante visita da Deputación o mes pasado ante a crise da auga
As explicacións do alcalde pola crise da auga de Corme terán que esperar
As explicacións do alcalde pola crise da auga de Corme terán que esperar

Tiveron lugar onte dous plenos no Concello de Ponteceso sobre o asunto da contaminación da auga en Corme. O primeiro, convocado ás 9:00h, era convocado pola oposición, pero convertiuse nun mero paripé pois o grupo de goberno levou a votación a tramitación das preguntas de APIN e PSOE, saíndo denegadas gracias á súa maioría.

Unha situación que para os grupos da oposición é absolutamente irregula. O voceiro de APIN, Xosé Manuel Verdes, chegaba a calificar de “Franco II” ao alcalde Carballido. Do mesmo xeito, o voceiro do PP, Daniel Froxán lementa que “se tape detrás desa maioría para non dar explicacións a uns veciños de Corme, que un mes despois siguen sin saber que ocurriu”. Fro´xan vai máis alá e ante a situación de ter que votar en contra de aceptar ou non as preguntas, “a maioría das concelleiras do PSOE baixaban a cabeza, síntoma da vergoña que ocasiona votar co que non estas de acordo ou che parece mal”.

Carballido argumentou que cómpre esperar aos informes que están preparando dúas empresas.

No segundo pleno levou a votación a actuación de diferentes obras, necesarias para evitar problemas como os acontecidos. Obras por valor de 400.000€, que saíron aprobadas cos votos do PSOE e de APIN, abténdose un dos edís do PP e outra votando en contra.

NOVAS DA CRISE DA AUGA EN CORME

Comentarios