Unha falsa alarma mobiliza numerosos medios en Corme
10:58 26/10/19
A pasada mañá de venres, o 112 recibía unha chamade de emerxencia por un posible accidente aéreo en Corme. O 122 mobilizaba á Policía Local de Ponteceso, o GES, a ambulancia, un helicóptero, servizos sanitarios e mesmo a embarcación de salvamento marítimo da Cruz Vermella Laxe.
Finalmente tratábase de prácticas realizadas por un hidroavión na zona.
De aí que as forzas de seguridade envíen recomendacións para seguir antes de dar a alarma:
- Manter a calma e concretar o aviso.
- Identificar correctamente o lugar da incidencia.
- Precisar cantas persoas pode haber implicadas.
- Facilitar un teléfono de contacto e non colgar ata que llo indique o operador do 112.
Novas relacionadas
- Unha falsa alarma no mar de Camariñas provoca a mobilización de medios de Salvamento
- As consencuencias de gastar unha “broma” ao 112