Unha falsa alarma no mar de Camariñas provoca a mobilización de medios de Salvamento

12:11 04/06/19
Pasadas as 22:30h da noite, un veciño de Camariñas albiscaba unha vengala no mar, preto da zona da Virxe do Monte. Pronto chamaba ao 112 e se achegaba á zona da praia do Lago para ver de preto se había algún problema.
Dende o 112 mobilizaron á lancha de Salvamento Altair, que ten base en Camariñas, mentres en Santiago esperaba novidades para despegar o helicóptero Helimer 402.
Nin o alertante, que primeiro subíu ao monte da Vela e despois baixou ata a zona do Castelo do Soberano, nin a Altair, nin Protección Civil, que rastrexaron toda a zona dende o porto camariñán ata o Cabo Vilán, viron nada estrano, máis que as pequenas embarcacións que andaban ao camarón, volvendo a terra sen problema algún.
Novas semellantes
- Setembro 17: A terceira falsa alarma neste mes provoca de novo un inútil dispositivo de busca.
- 01-09-17: Un amplio dispostivo buscou durante horas unha peregrina inglesa que durmía a siesta.
- 23-08-17: As consencuencias de gastar unha “broma” ao 112.
- Setembro 2011: Una falsa alarma mobilizou en Fisterra un amplo dispositivo dos servicios de emerxencias.