Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Faustino Santiago explica o seu cese como edil pontecesán: "Non é falta de confianza, é abuso de poder do alcalde"

Faustino Santiago con parte da corporacion socialista de 2019
Faustino Santiago, á esquerda, con parte da corporacion socialista de 2019
Faustino Santiago explica o seu cese como edil pontecesán: "Non é falta de confianza, é abuso de poder do alcalde"

Hai varios días que se fixo oficial o cese, por parte do alcalde Lois Carballido, da súa acta de concelleiro como membro do grupo de goberno socialista. Un cese que non fai outra cousa que aumentar a marea viva que se vive no seo do PSOE pontecesán dende hai máis de 4 anos. Hoxe, despois de darlle uns días ao partido a pronunciarse ou mediar, e ao ver que non hai resposta algunha, quere comezar a "darlle explicacións aos veciños das verdades que o alcalde non conta". Un Carballido que argumenta "falta de confianza", pero que para varios dos compañeiros de partido é "abuso de poder", deixando claro que o ceses "faise porque non lle dicimos si a todo, a cousas que levaba a pleno e que nós as vimos inxustas".

"A xente que me coñece e que mesmo me deu o seu voto sabe que eu nunca diría amen a todo aínda vendo que é inxusto, e non lle fallarei". "A vostede tampouco nunca o enganei, porque dende o primeiro día de campaña lle dixen, que se pensaba que eu ía ser a sua marioneta, que me quitara da lista.... Pero debíu ver vostede perigrar algo e decidíu levarme igual, pero eu fun e seguirei sendo fiel aos meus principios", expón nesta carta.

Faustino quere deixar claro a súa "total dedicación por mellorar o benestar do noso concello, como o dos meus compañeiros do goberno nas suas áreas, tanto coa Policía, coma cos GES é Protección Civil, e iso que había moitos problemas por compromisos que non se lles cumpliron". Considera que eses problemas se foron mellorando con accións como a do ano pasado coa auga de Corme e con este covid-19, "onde todos os corpos de Seguridad do Concello, estiveron en primeira liña de risco, e fixeron todo o que se lles pedíu, sin escatimar en horas de traballo, polo ca síntome orgulloso de ter traballado con todos eles, así coma de todos os traballadores do Concello, e sobre de conseguir que, despois de moito pelexar con vostede, que a coordinación volvese onde debía", dando conta da boa xestión do GES

Sobre o PSOE, Faustino lamenta que "lle dera igual que aquí en Ponteceso, houbese un cese dun concelleiro do goberno, e afiliado do PSOE, decidido só polo Alcalde, sen consultarllo nin á Executiva Local, e entendo que tampouco a Provincial, porque catro concelleiros pedímoslle unha reunión ao Secretario Provincial hai máis de 15 días, e a día de hoxe aínda non nos recibíu". "Por iso a miña decepción co meu partido é moi grande, porque vexo que o afiliado está desamparado,ée non me parece que esto vaia cos principios do partido. Por iso gustariame recordarlle aos dirigentes que que os afiliados somos os que alimentamos o partido, e que o partido sen as persoas, non é nada, pero as personas sen o partido, poden seguir sendo personas..., incluso máis sensatas". 

Novas relacionadas

Comentarios