Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Fotodesfeita: Destrozan un niño protexido de Píllaras das dunas en Razo

Fotodesfeita: Destrozan un niño protexido de Píllaras das dunas en Razo
Nino de Pillaras das Dunas invadido en Razo-Foto-Manu Marino A Xunta protexera este niño de Píllaras das Dunas en Razo-Foto-Manu Marino Inconcebible como a alguén se lle pode ocorrer facer algo así. Pero a realidade é que o respecto medioambiental da nosa raza ás veces roza o rídulo. A Xunta, e a USC xa tomarca unhas medidas para a conservación dunha especie ameazada en Galicia, ao comprobar que parella de “chorlitejos patinegros” ou “píllaras das dunas”, estaba incubando uns ovos nun pequeno niño armado no medio e medio das praias de Razo e Baldaio. Unha zona con moita presión de xentes e de mascotas, polo que era necesario instalar unha pequena gaiola e un panel informativo. Unha gaiola que, en todo caso, ás veces chama a atención dalgún “energúmeno”, pois ao redor estaba cheo de pegadas de persoas (non de animais). Se o valado era instalado o sábado, e o domingo xa non estaban os ovos. "Parece que pasou un equipo de fútbol pola parcela protexida", afirma Manu Mariño ollando a de pisadas que había na zona "Parece que pasou un equipo de fútbol pola parcela protexida", afirma Manu Mariño ollando a de pisadas que había na zona ”Non sei se como desapareceron os ovos (se foi debido á depredación dalgún animal que logrou entrar ou porque algún ser humano levoullos) pero poucas veces vin unha parcela tan pisoteada, parecía que entrara todo un equipo de fútbol”, conta Manu Mariño, un colaborador de varias asociacións ecoloxistas que foi un dos que denunciou a acción de incivismo polas redes. Explica ademais “unha parella de chorlitejos patinegros perden o seu niño quédanse durante un tempo totalmente inactivos, coma se estivesen pasando un loito e necesitasen un tempo para aceptar a perda”. Mariño, natural de Portosín que adica dende hai anos moito tempo ao seguemento desta especie (especie que por certo dá nome a unha das asociacións máis combativas en materia medioambiental da comarca), leva localizados 3 dos 4 últimos niños de píllaras. Sinala “en todas as praias hai algún listo que entra, pero polo normal a xente é bastante respectuosa”, ao tempo que recoñece a labor de persoas como María Vidal, unha bióloga da USC que “leva media vida traballando en favor da píllara”.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios