O goberno de Ponteceso aproba, sen o alcalde, 300.000€ para pagar facturas sen orzamentar

Pese a ser o alcalde co maior soldo da Costa da Morte (4.000€ brutos ao mes para facer un total de 47.000€ ao ano), Lois Carballido non asistíu ao primeiro pleno da nova lexislatura ao estar de vacacións. Quedaron os seus compañeiros no goberno, con pouca experiencia despois da renovación feita nas listas, obrigados a explicar a necesidade de aprobar un recoñecemento extraxudicial de crédito para o pago de facturas (sen orzamento programado) por máis de 300.000€.
”O alcalde ten o dereito todo ao desfrute do periodo vacacional, pero meterlle este “marrón” aos seus compańeiros no primeiro pleno ordinario da lexislatura mostra cal vai ser a ruta seguir”, sinala dende a oposición o grupo de APIN.
E na mesma liña, o renovado PP, agora da man de Daniel Froxán quedou “abraiado” coa espantada do alcalde, preguntou, sen obter resposta, “Como é posible que persoal non pertenece nin á corporación municipal nin o goberno local, estea tomando decisións e falando cos veciños en nome do Concello de Ponteceso, así coma andar nos vehículos oficiais do concello acompañando a membros da corporación?
O grupo de goberno aprobou en solitario tamén 30.000€ para productividade de funcionari@s , que o grupo de APIN entendo como “ir repartindo cartos segundo os seus intereses”.
Ademais, dende o PP aseguran que a parálise da obra polo desmantelamento do parque eólico de Corme, vai traer cola, pois a licencia outorgada polo Concello a pesar de non ter o informe sectorial da Xunta pode deberse a intereses persoais.
Novas relacionadas
- Abril 18: Ventonoso intentou aportar información aos afectados pola repotenciación do parque eólico de Corme.
- A repotenciación dos parques eólicos: unha trampa para os propietarios afectados.