Sábado. 20.07.2019
El tiempo

A repotenciación dos parques eólicos: unha trampa para os propietarios afectados

A repotenciación dos parques eólicos: unha trampa para os propietarios afectados
Parque Eolico de Corme-Foto-AV Parque Eolico de Corme-Foto-AV Co foco informativo relativo aos eólicos posto en Cabana e Laxe, outro dos parques da bisbarra colle protagonismo. Por Corme, a repotenciación do parque eólico do Monte da Barca está de actualidade. E iso que en principio, quitar 9 de cada 10 aéreoxeneradores parece unha cousa boa, pois agora apenas quedarán 7 máquinas (de 3 MW) das 70 que había (de 0,3MW). Menos impacto visual, menos zonas afectadas, máis eficiencia (un viravento dos novos vai producir máis de 10 veces o que producía un dos de hai 20 anos)… En todo caso, o Parque cormelán xa leva 10 denuncias enriba, incluída unha da Sociedade Galega de Historia Natural que lamenta que as empresas non aposten pola “actualización ambiental” ademais da tecnolóxica. Pero o asunto que está traendo de cabeza aos propietarios é o novo contrato presentado pola empresa (o parque é promovido por Desarrollos Eólicos de Corme e xestionado por EDP). De feito, a A.VV. de Corme xa convocou para esta mesma tarde de xoves 7 de setembro, dúas xuntanzas informativas, ás 19:30h en Corme-Porto e ás 21:00h en Corme-Aldea, en ambos locais da asociación. Alí, o vicepresidente desta Asociación, José Ramón Dourado, que xa participou nas negociacións nos anos 2000-2002, e na última repotenciación do ano 2008, tratará de dar un pouco de luz neste opaco mundo dos parques eólicos, con voces a favor e en contra no propio grupo dos afectados.

MÁIS INFORMACIÓN

Precisamente a falta de información e a opacidade destes proxectos é a que nos leva a comezar unha lista de reportaxes sobre os eólicos, que hoxe comezamos dende Corme. Neste caso, o asunto que está preocupando aos propietarios dos montes afectados é a renovación dos contratos. Uns contratios asunados en 2002 e que tiñan unha vixencia de 25 anos, pero que a día de hoxe a empresa quere modificar. A modificación máis importante é que inclúe unha rebaixa do 4% ao 2,5% da facturación anual do parque. De aí que moitos veciños se prantexen a posibilidade de non asinar as renovacións e esixir que se manteña o contrato ata o seu remate, e que en 2027 negocien de novo. Segundo os peritos da propia empresa, “ao final de ano, os propietarios que sigan estando afectados van andar cobrando o mesmo en termos absolutos”, sinalan, incidindo en que ao ser menos superficie e menos propietarios, o reparto vai repercutir máis ou menos no mesmo.

U-lo Fondo de Compensación Ambiental?

A repotenciación inclúe importantes cambios na superficie ocupada. Hai xente que antes non estaba afectada e agora si; hai xente que antes lle collían máis terreo que agora; pero tamén hai veciños que quedan fóra. De feito, so uns 70 propietarios que estaban cobrando algo, agora van deixar de cobrar. Aquí vén outras das problemáticas do peche da actividade. Segundo sinala a propia empresa, a devolución de terreos non obriga ás empresas a eliminar por completo os mazacotes de formigón que serven de base para as 63 máquinas que agora desaparecen. A empresa só terá que picar 50cm de formigón, deixando varios metros de cemento debaixo da terra, facendoo aínda menos produtivo e co perigo aínda por riba de que o Seprona poderíache acabar denunciando. Sinalan que precisamente para estas cousas deberían estar o Fondo de Compensación Ambiental que a día de hoxe se utiliza para instacións solares, nos sistemas de abastecemento de augas ou na limpeza de camiños

Prazos

Agora os veciños teñen, en teoría, ata o día 15 de setembro para asinar os novos contratos. Os que non se firmen nesta data serán publicados no DOG cando saia a correspondente Declaración de Utilidade Pública, algo que segundo o perito Roberto Lema non causaría problema ningún aos afectados. De feito, aí xa estaría como o interlocutor a Xunta, o que daría aínda máis garantías ao proceso negociador. Por estas cousas, varios asesoras invitan aos veciños a non asinar e seguir negociando neste proceso que aínda ten de prazo algo máis de ano e medio para executarse. Preparados deben estar tamén os propietarios do parque do Pico de Meda, en Zas, pois parece ser que en breve chegarán cartas semellantes para levar a cabo a repotenciación.

Novas relacionadas

Outras novas eólicas

 

Fonte

Comentarios