Insua de Viastela prepara unha nova semana cultural arredor de Mourelle
Nova semana axitada para a familia da Asociación Cultural Insua de Viastela. Como está acontecer ao longo deste verán, o mércores toca lectura arredor da historia de Mourelle da Rúa. Desta volta, na serie “Un mar de relatos”, o Museo de Arte Contemporánea da Costa da Morte MACCMO acollerá unha lectura a partir das 12:30h de “La Sirena en la Niebla”, de Ray Bradbury”.
O vindeiro 16 de xullo ás 19 horas artellan concerto de música clásica na igrexa parroquial Nª Sª dos Remedios de Corme. Simón Gallego será o protagonista do evento, primeiro galego en formarse na prestixiosa Universidade musical Berklee College of Music de Boston. Actualmente forma parte do Coro e a Orquesta Xove da Sinfónica de Galicia.
A xuventude de Simón (A Coruña, 2003) non fai senon aportar enerxía, ademais de tocar violín e piano, canta, compón e escribe, xa leva tres títulos publicados: Bus para el otro barrio, La ciudad de las moscas doradas e Sala de reflejos, a súa última obra, editada por ECU Editorial.
Este concerto non deixa de ser unha consideración á memoria do almirante Mourelle de la Rúa no día da patroa do mar e da Armada.
Día do Kaiak
E para o sábado, a entidade organiza un novo Encontro. Ás 12:30h, o MACCMO acolle o Encontro sobre o Viaxe de Mourelle a Alaska en 1779.
Despois haberá unha concentración da kaiaks na Ribeira, en homenaxe a un dos seus inventores.
E pola tarde, ás 16:30h, xornada de limpeza da especie invasora unlla de gato na praia da Ermida, co apoio do Concello, a Confraría, a ACD San Adrián e Ponteceso Cultura Permanente.