Xoves. 03.10.2024
El tiempo

Ponteceso

María Suárez e Suso Lista debullan a historia sen igual do Almirante Mourelle

É incrible como a Costa da Morte non ten dedicado máis atención a un dos navegantes e descubridores máis importantes da historia. Apenas o pobo de Corme, sen apoio das institucións, está a loitar por recuperar a figura de Antonio Mourelle da Rúa, un dos grandes mariños que, por exemplo, navegou antes que ninguén as terras de Alaska, e do que neste 2020 se cumplían 200 anos do seu falecemento.

Dous deses veciños preocupados de redescubrir a historia son María Suárez e Suso Lista, que pasaron por Traski TV, a nova iniciativa de streamings da Asociación Camiño dos Faros para contar esta vida de película.

Atrás quedaron 19 grandes viaxes con case 5.000 días de navegación, por lugares como as Illas Vavao, no Pacífico, onde se lle recoñece a súa labor máis que no seu propio lugar de orixe.

Ambos invitan a investigar na etiqueta #bicentenariomourelleencorme.

Novas relacionadas

María Suárez e Suso Lista debullan a historia sen igual do Almirante Mourelle