Sábado. 20.04.2024
El tiempo

LB Producións aclara a polémica arredor do evento de apoio á verbena galega de Ponteceso

A raíz da polémica xurdida arredor da Festas de Ponteceso, a empresa promotora, LB Producións quere clarexar os seus movementos para realizar este “evento en favor da verbena galega”:
Festas Ponteceso outubro 2021
LB Producións aclara a polémica arredor do evento de apoio á verbena galega de Ponteceso

Desde LB producións queremos facer este comunicado:

Vémonos na obrigación de aclarar os feitos, en base á polémica creada polo evento que se vai celebrar en Ponteceso estes días 9, 10, 11 e 12 de outubro

Facémosvos chegar o seguinte e para que conste:

Que este evento non está vinculado á Comisión de Festas da Pilarica.

Que é un evento totalmente alleo ás festas que se celebran nese día.

Que esta iniciativa e proposta saíu da man de LB Producións xunto coa súa Axencia de Espectáculos, para presentar ao Concello de Ponteceso, logo de saber que as festas da Pilarica non se ían a celebrar.
Presentamos a proposta ao Concello e nesa reunión fannos saber que aproban e apoian a idea a condición de que a Comisión de festas estea informada e de acordo con ela.
Poñémonos en contacto coa comisión de festas e eles móstrannos o seu apoio e dannos o seu permiso para seguir coa iniciativa á proposta presentada.
Unha vez informados e estando de acordo todos con dita proposta, decídese organizala.
Deixando claro así, que LB producións deu todos os pasos adecuados e necesarios para a celebración de devandito evento, para o cal informamos, e pedimos permiso para a nosa iniciativa e para o cal obtivemos ese permiso, aprobación e apoio.

Que somos totalmente conscientes da situación que vivimos en referencia á pandemia e que por iso, responsabilizámonos para que se cumpran todas as medidas vixentes sanitarias e o protocolo estimado.

Que en ningún momento nos temos lucrado, nin nos aproveitamos de ningunha situación que non sexa a de poder saír adiante como calquera cidadán e traballador deste país ou de calquera outro.

Que a función de LB Producións é axudar a reactivar a verbena, o comercio e a hostelería local.

Que non queremos vincularnos con calquera polémica.

A intención coa que se fai o evento non é outra que a de tratar de superar estes anos tan duros de pandemia e é onde máis unidos deberiamos estar.

Que é un evento que consideramos como apoio á Verbena Galega.

Que os artistas que van participar, fano de xeito promocional e mostrando todo o seu apoio.

Que non é un beneficio só para o sector da verbena. Agrupacións musicais, hostelería, taxis, os da carpa, camareiros e un longo etc...
Que indirectamente este evento proporciona traballo para moitos sectores.
A verbena galega somos todos.

Que todos e cada un dos permisos e requisitos necesarios para facer devandito evento están sendo aprobados e entregados.

E que estamos en total legalidade para seguir adiante co evento.

Recalco que como promotor deste evento, esperamos se entenda que todo se fixo dentro da legalidade e transparencia e coa aprobación de todos aqueles que tiñan que ser informados.

Así como pretendemos que se entenda, que logo de 2 anos de pandemia, de restricións e prohibicións, onde todo o mundo pasouno realmente mal, o que non queremos é formar parte de ningunha guerra, senón de tratar reactivar unha normalidade, que xa se necesita, dentro das medidas sanitarias e o protocolo establecido.

Que non é máis que un evento en apoio á verbena galega.

E que o facemos, do mesmo xeito, que xa se celebraron outros, en moitos puntos de Galicia e sen ningunha polémica.

Agradecemos e pedimos a colaboración de todos!

Saúdos!

                   LB Producións

Novas relacionadas

Comentarios