Luns. 14.10.2024
El tiempo

Os libros toman o MACCMO

Macmo nun libro
Os libros toman o MACCMO

Cada mércores, xa vimos como o museo de Arte Contemporáneo da Costa da Morte de Corme se enche de batallas de Mourelle da Rúa. Pero son máis as actividades que organiza un dos focos culturais da comarca de Bergantiños. De feito, o mesmo sábado o museo tamén acollía outra actividade no marco do programa estival da Asociación Insua de Viastela en conmemoración do 200 aniversario do pasamento de Mourelle da Rúa.

Suso Lista Foron María Suárez e Suso Lista @s que repasaron a historia da viaxe do ilustre navegante cormelán a Alaska en 1779, no mesmo día no que cumpliría 271 anos.

O mesmo sábado tivo lugar a presentación do libro de Manuel Regueiro González-Barros, "O tesouro de Brando”. O presidente do Ilustre Colegio Oficial de Geólogos, estivo acompañado polo profesor José Ramón Vidal Romaní e a tradutora Julia Ures Villar, como vemos aquí embaixo.

LIbro Maccmo

Ademais, esta semana o MACCMO de Corme recibiu novas obras que virán a engrosar a colección da Fundación Torre-Pujales. Entre os artistas destacan Carlota Cuesta, Jesusa Quirós, David Lechuga, Darío Basso, Eduardo Roldán, Óscar Estruga, Lorenzo Ugarte e Liébana, entre outros.

 

Novas relacionadas

Comentarios