Domingo. 05.05.2024
El tiempo

Lois Carballido: “As redes sociais son fundamentais para conectar o político coa veciñanza”

Lois Carballido: “As redes sociais son fundamentais para conectar o político coa veciñanza”
Lois Carballido un alcalde 20

Tras só 4 anos como líder da oposición, o candidato do PSOE alzouse ca alcaldía do Concello de Ponteceso despois das eleccións do pasado 24 de maio, e tras un acordo de goberno tripartito con BNG e APIN-Son.

Un Carballido que aposta decididamente polas novas tecnoloxías, despois de comprobar a súa incidencia nestes comicios. Utiliza as redes sociais para manterse en contacto cos veciños, como facía dende a oposición, e está convertindo en básicas para o traballo diario no Concello ferramentas virtuais como o Google Keep ou o Google Calendar.

Con el falamos destas cousas 2.0 e de moito máis.


  • QPC: Primeiramente, como leva esta nova vida de alcalde? Cambia moito?

A verdade é que cambia moitísimo, xa estou traballando 14 horas ao día. Lembro unha frase do poeta Robert Frost, que dicía algo así como: “Se traballas 8 horas ao día e es constante, chegarás a ser xefe e traballarás 12 horas ao día”. Hai moito que facer en todo caso.


  • QPC: O resultado electoral, de proposta de cambio, estaba nas vosas quinielas?

Na vila pulsábase un ambiente de cambio moi grande. Pero mira, vou ser sincero. Xa levabamos 22 anos de goberno popular, e o PSOE nunca lle gañou unhas eleccións ao PP en Ponteceso, nin municipais, nin xerais nin nada. Eu sabía que estaba moi difícil, por iso, cando me escolleron para continuar sendo o candidato, eu pedinlle á asemblea que me dexaran facer, que me deixaran organizar a liña estratéxica, facer a lista con novos e antigos membros… E con todos os movementos, sacamos 4 concelleiros, aínda a 2 do PP.

Que quero dicir con isto, que nós non temos maioría absoluta, e o goberno tripartito non vai ser igual que se a tivésemos. É un pacto, e todos temos que ceder, pero o obxectvo número 1 era conseguir un cambio de goberno e por iso temos que aceptar o pacto, deixando atrás certos intereses partidistas. Así ademais unimos as bases sociais dos 3 partidos.


De momento non nos tiramos os trastos á cabeza (bromea). Tiñamos claro que Ponteceso necesitaba un cambio e tiñamos que entendernos e ter claro que traballamos co interese público por diante.
Xa estamos traballando man a man, de feito acabas de ver saír do meu despacho a Verdes Pose, edil de APIN-Son. Eu vou intentar facer de coordinador pero delegando moito, e que cada concelleiro sexa responsable da súa área. E mesmo temos xa prantexado as dedicacións exclusivas conxuntamente.


  • QPC: Precisamente prometiches en campaña non ter dedicación. Vaino cumprir?

En Ponteceso, Lois Carballido prometeu en campaña non cobrar pola dificilísima situación ecomómica, e vou traballar gratis para o Concello ata que dea enderezado o rumbo económico. Vou intentar combinar a alcaldía e o profesorado, organizando ben o equipo de goberno, os concelleiros e os traballadores municipais, e atendendo aos veciños no tempo no que non traballe.

En todo caso, si que vai haber algunha dedicación, pero o goberno bipartito vai custar menos que a maioría absoluta do PP. Como digo, imos ter 2 dedicacións exclusivas e 3 parciais, pero que custarán 25.000€ menos que a maioría absoluta do PP, uns 150.000€.

As exclusivas son para José Manuel Verdes Pose, edil de APIN-Son, por 2 anos, porque é posible que daquela se poid xubilar (co seu soldos de profesor), para levar os temas de obras, urbanismo, infraestrutura e comisións de festas; e para Carlos Penedo, edil do BNG, para levar as áreas de educación, asociacionismo e patrimonio, participando ademais en todos os consellos escolares.

As tres dedicacións parciais (de 1.000€) serán para edís do PSOE: Isabel Vuelta na área de Sanidade e Servizos Sociais; Susana Toja estará na oficina municipal de Corme como responsable da área turística, que queremos centralizar na vila do Roncudo, ademais de agricultura e pesca; e José “Villán”, que estará permanentemente na rúa, controlando temas de limpeza, servizos…

Un dato, na mesta de contratación estaremos todos, incluído o PP, que terá voz pero non voto.


  • QPC: Falas de que o Concello está nunha “situación de alarma financieira”. É tan grave a cousa?

O orzamento do 2015 está practicamente esgotado, e máis dun millón de euros en facturas e non hai partida para pagalo. Hai tamén máis de 2 millóns de euros en créditos…. A cousa está moi mal. De tódolos xeitos, non quedamos espantados porque sabíamos o que había, pero a verdade é que non esperabamos tanto. Vai ser duro, pero espero que en 2 anos teñamos enderezado o concello economicamente.


  • QPC: Como cre que influíron as redes sociais no cambio e como van a empregar dende o goberno? Vas convertirte nun auténtico alcalde 2.0?

O tema das redes sociais axudounos moito para conectar ca xente e que souberan o que nós propoñíamos. Son moi importantes para conectar ao político co cidadán. Para min, o Facebook é fundamental como vía de compartir experiencias, e para poñer en valor os nosos produtos locais, bares, praias, gastronomía, empresas, paisaxe… Por iso tamén imos utilizar a páxina de Facebook do Concello a nivel oficial, pero eu vou estar constantemente contando cousas e cun contacto aberto e directo cos veciños. Agora ben, que teñan claro que o meu fb non é o rexistro do Concello.

Un exceso de información nunca é malo, o malo é cando os políticos non responden. Hai ser accesible e a rede nolo permite.


  • QPC: Que máis cousas ides realizar en materia de transparencia?

Queremos ter unha transparencia total, imos ser os primeiros en colaborar coa oposición, e por exemplo xa me puxen en contacto con Óscar Rey (PP) para intentar poder achegarlle a información usando as novas tecnoloxías, pero estamos tendo algún problema coa lei de protección de datos, que esperamos resolver para poder manter informada á oposición de cada movemento.

O primeiro é cambiar a hora dos plenos, para os lubs ás 20:00h, para que a xente poida ir. Ademais temos a idea de gravalos e publicalos en youtube.


Lois Carballido de peon de limpeza
  • QPC: Témoste visto xa coa vasoira limpando camiños, ou facendo traballos de intendencia. Necesita esto tamén Ponteceso?

Jajaja. A verdade que foi unha casualidade. O anterior goberno puxo a Carreira Popular o día despois da Festa do Percebe, e tiñamos todas as cuadrillas de limpeza alí ás 8:00h. Eu cheguei á praza do Recheo, e puxen o chaleco para botar unha man como calquera dos voluntarios que axudamos ese día na organización. E vin que había moitas follas das árbores polo chan e simplemente collín a vasoira e me puxen a barrer. Coincidiu que un amigo de Cee que estaba por alí quentando viume e sacoume unha foto que tivo moita repercusión nas rrss.


  • QPC: Que outras carencias ten Ponteceso?

Nin sequera temos protocolos para as cousas de todos os anos. Xa tivemos problemas cos permisos do VdeValarés por non seguir as pautas.
Ademais temos uns servizos públicos básicos en estado lamentable: a desbrozadora, o alumeado, o saneamento… necesitamos un camión do lixo novo urxentemente… Fai falta eficiencia e aforro nos servizos básicos.

Por outra banda, a estrutura de persoal municipal xa nos vén dada, pero intentaremos adaptala ás necesidades máis importantes, con máis xente na rúa, pois temos moita necesidade do tema de xandíns, praias…

Fai falta un Plan de Emprego, e as nosas 4 áreas van enfocadas sempre ao fomento do emprego. Imos tirar das administracións para crear Obradoiros e máis postos de traballo, esta é a maior necesidade que temos. De feito, o primeiro que nos tocou facer foron as convocatorias para os socorristas e demais.


  • QPC: Cara onde ten que ir Ponteceso? Que sectores e que propostas hai que coidar e promocionar máis?

Temos que darlle prioridade á educación. Temos 4 centros de ensino de primeiro nivel, e aí, en cada consello escolar, vai estar o concelleiro Penedo. Ademais, somos vangarda en temas de educación para maiores, no que participamos ademais nun proxecto europeo. Isto temos que promovelo tamén.

Ponteceso ten que atender moito e ben o turismo, e por iso imos centrar esta área en potenciar Corme.

Por exemplo, en materia de sanidade, o primeiro que queremos facer é ceder o Centro de Saúde ao Sergas, co que aforraríamos 40.000€ cada ano, e así poderíamos centralos en mellorar a atención sanitaria, no centro e a domicilio.


Novas relacionadas

Fonte

Comentarios