Xoves. 03.10.2024
El tiempo

O MACCMO acolle este sábado a presentación oficial do libro de Landín sobre Mourelle da Rúa

Presentacion Libro de Landin sobre Mourelle da rua
O MACCMO acolle este sábado a presentación oficial do libro de Landín sobre Mourelle da Rúa

Xa co libro de Landín recén reeditado, toca dalo a coñecer. Aí está a Asociación Insua de Viastela organizando a presentación oficial do libro que conta a historia de “Mourelle da Rúa. Explorador do Pacífico”.

A cita será este sábado 3 de decembro no Museo de Arte Contemporánea da Costa da Morte, o MACCMO de Corme, a partir das 17:00h.

Estarán presentes o alcalde Lois Carballido, o fillo do autor, Amancio Landín Jaraiz, ademais ex conselleiro de Pesca; Alfredo Conde, autor do prólogo, Premio Nacional de Literatura, e que foi mariño mercante e un gran embaixador da figura de Mourelle; e os membros da entidade organizadora Xosé Manuel Varela, María Suárez (responsables da tradución) e Suso Lista.

”Estamos contentos de chegar a meta e a partir de agora toca espallar a figura deste gran explorador. Dende a Asociación estamos dispostos a dar charlas aos centros de ensino ou onde se nos invite”, sinala Lista.

O libro conta co apoio da familia que cedeu todos os dereitos para espallar o libro sen ánimo de lucro.
A partir da presentación, porán a disposición a súa descarga gratuita.

Novas relacionadas

Comentarios