Xoves. 25.07.2024
El tiempo

O MACCMO acollerá a proxección da premiada película "O home e o can"

O home e o chan
O MACCMO acollerá a proxección da premiada película "O home e o can"

Engade a sétima arte a entidade Cultura Permanente de Ponteceso (PCP) para seguir demostrando o funcionamento da Cultura como ferramenta para a sustentabilidade dos pobos, para o fomento a convivencia

Faino este sábado 3 de xuño, ás 19:30h no Museo de Arte Contemporánea A Costa da Morte (MACCMO) de Corme, coa proxección da película “O home e o can”, que narra a historia dun home que nunca saíu da aldea onde vive co seu can ata que a súa mascota é atropelada por este e viaxa á cidade en busca dun veterinario. No caos da cidade, o home coñece a Paula, que foxe dunha casa rota en busca de liberdade. Os dous converteranse en amigos, unidos pola soidade. O filme reflexiona sobre a soidade non escollida, o envellecemento e o abandono das aldeas.

Producida por Ézaro Films e Caladiño Films, obtivo 6 premios no Festival de Madrid: Premio da Crítica, Mellor interpretación masculina (Manuel Manquiña), Mellor interpretación feminina (Pauliña), Mellor montaxe (Alejandra Sotelo), Mellor guión e Mellor dirección de casting. para o director, Ángel de la Cruz, que presentará a película e nos acompañará durante a proxección.

Comentarios