Mércores. 17.04.2024
El tiempo

A veciñanza de Corme indulta o seu galeón “Mourelle da Rúa”

Galeon Mourelle da Rua en Corme
O Galeón "Mourelle da Rúa" xa está listo para a súa botadura en terra no porto de Corme
A veciñanza de Corme indulta o seu galeón “Mourelle da Rúa”

Fermosa historia a deste Galeón cormelán. Un pobo enteiro volcado para devolvelo á vida, e salvalo das lapas do San Xoán. Xa non volverá navegar por mar esta embarcación chamada “Mourelle da Rúa” (na honra do navegante cormelán do que se cumple o Bicentenario da súa morte), pero si o fará pola praza ou polo recheo, pois o novo galeón convertirase nun escenario ideal para calquera clase de eventos.

A súa primeira “actuación” xa ten data: o 16 de xullo, e fará de púlpito da misa da Virxe do Carme.

A historia vén da Cabalgata de Reis, cando usaron a orixinal chalana como carroza para as súas maxestades. A idea era que se convertise na cachela principal deste San Xoán. Pero foron pasando as semanas, e o barco lucía moi ben nun dos galpóns de Corme. Varios veciñ@s comezaron a pensar na posibilidade de restauralo como galeón, e aí comezou todo.

Carpinteiros, electricistas, tecedeiras, albaneis… todo Corme, arredor da A.VV. Eduardo Pondal, comezou a colaborar para a súa “botadura” en terra.

A día de hoxe xa está preparado e espera a súa estrea durante as festas do Carme (vaise facer a misa na zona do porto), e para o resto de actividades nas que será o escenario principal.

Novas relacionadas

Comentarios