Domingo. 28.04.2024
El tiempo

O Mercado de Nadal achegou o comercio xusto ao IES de Ponteceso

Mercado Nadal IES ponteceso 2023 2
O Mercado de Nadal achegou o comercio xusto ao IES de Ponteceso

O pasado día 21 de decembro, o IES Eduardo Pondal de Ponteceso abriu as súas portas ao público para celebrar o seu primeiro Mercado de Nadal. Solidariedade, comercio xusto, deporte, cine ao aire libre, ximcana solidaria, manualidades, produtos de segunda e man, tortas e chocolate déronse cita nunha xornada que uniu a alumnos, profesores, familias e veciños de Ponteceso e arredores.

O seu equipo directivo quere dar as grazas ao equipo de Solidariedade Internacional de Galicia, por colaborar desinteresadamente co Centro achegando a realidade do comercio xusto ao alumnado a través do cine, os xogos e os seus marabillosos produtos, e á comunidade educativa pondaliana e a todos os asistentes por participar no Mercado e facer dese
día unha xornada tan especial. 

Mercado Nadal IES ponteceso 2023 3

Mercado Nadal IES ponteceso 2023JPG

Mercado Nadal IES ponteceso 2023 4

Máis novas

Comentarios