Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Miriam Dourado: “Facilitamos que os propietarios saquen rendemento das súas casas, e que se manteñan coidadas”

Miriam Dourado
Miriam Dourado, coordinadora de North Properties en Ponteceso
Miriam Dourado: “Facilitamos que os propietarios saquen rendemento das súas casas, e que se manteñan coidadas”

O auxe das Vivendas de Uso Turístico na Costa da Morte é patente. A nivel galego, o incremento no número de aloxamentos que se incorporaron a esta categoría (VUT) medrou, dende 2017, nun 2.500%. Concello como Fisterra ou Carnota están entre os 10 que máis prazas ofertan en VUT de toda Galicia.

O norte da bisbarra non é alleo a esta realidade e como toda a provincia da Coruña, está mesmo a mellorar as súas marcas en tempos de pandemia. “De feito, se ben é certo que o sector hotelerio sufriu moito nestes dous anos, a provincia da Coruña mantivo a ocupación e débese polo alto uso das Vivendas Turísticas”, explícanos Miriam Dourado, coordinadora da empresa pontecesá North Properties. “A xente prefire ir a un apartamento, gozar da liberdade que iso lle supóne non ter que estar con outros clientes como acontece nos hoteis”,”, o que provoca que A Coruña sexa a a única provincia de Galicia con comportamento positivo do turismo interno no sentido de que supera, agora en agosto, os niveis previos á pandemia.

Sita en Ponteceso (Avda. Eduardo Pondal, 4, 604 079 015), en plena recta, a empresa leva dende marzo de 2020, ofrecendo diferentes servizos aos propietarios de vivendas da comarca de Bergantiños (Cabana, Malpica, Ponteceso, Corme, Laxe…), na zona da Coruña e pouco a pouco vanse expandindo pola zona.

Servizos aos propietarios

”Agora todo o mundo ten un piso en Airbnb, nós facilitámoslles a axuda que precisan tanto para os trámites legais como as licenzas turisticas, así como para aumentar o número de reservas”. Así, ademais de ofrecer o servizo convencional de alugueiro, “na Costa da Morte estamos a potenciar o alquiler vacacional, coa liña NorthFlats”, explica Dourado.

Son dúas liñas principalmente nas que “traballamos para facilitar que os propietarios saquen rendemento das súas vivendas, cando viven fóra, e ao mesmo tempo as manteñen coidadas”, explica.

Por un lado, teñen o “Plan Anfitrión”. “Como o seu nome indica, está formulado para un propietario que xa coñece o sector ou que quere formar parte activa na xestión da súa vivenda pero precisa a nosa axuda para obter o máximo rendemento” “Encargámonos de todos os trámites legais precisos, da xestión cos diferentes proveedores, xestionamos as reserva e tamén o cobro das mesmas pero, sobre todo, do fluxo de huéspedes grazas ao noso posicionamento web”.
”Temos moito tráfico, e xestionamos todo ata o final, mesmo o contacto co viaxeiro e a coordinación do check in; ao propietario chégalle a reserva final, e só ten que facer o check in e a limpeza”. Aí detrás hai horas de conversas cos clientes, sobre todo en inglés, para resolver calquera tipo de dúbida e para coordinar a chegada intentando paliar as consecuencias dese cliente que di que chega ás 14:00h pero chega ás 19:00h.

Por outro lado está o “Plan Premium”. “O propietario esquécese de todo, facemos todo de principio a fin, mesmo check in e check out, e limpeza, e o propietario so debe encargarse de recibir a facturación mensual descontado os gastos dos noso equipo. Obtén beneficios sen preocuparte por nada, é a frase gancho desta modalidade, e é certo”, explica Dourado.
”Este é o que máis éxito están tendo na zona , e a xente está encantada co Plan Premium. Xente, por exemplo, que traballa fóra, e non só quere sacarlle algo de partido á súa vivenda, senón tamén tela coidada”.

Dourado deixa claro que a empresa coida as vivendas coma se fosen súas: “A todos nos compensa que a vivenda estea perfecta; temos que revisar a propiedade en cada entrada e saída de clientes, polo que o mantemento e coidado son constantes. A verdade que por agora non houbo ningún incidente grave”, explica.

Tamén deixa caer a preocupación crecente pola ocupación, sobre todo nas cidades. “De feito, si que temos xente que tivo problemas reais na Coruña, e queren ter a casa con nós porque saben que a casa vai estar coidada, van sacarlle rendemento e imos responder como axencia ante calquera contratempo” Na Costa da Morte é distinto, si que que o teñen na cabeza polos medios de comunicación pero eu creo que aquí a ocupación non é unha preocupación real”, remata a cormelá.

“Desaproveitar a oportunidade de obter beneficio por unha vivenda en desuso é un erro. Só teñen que contactar con nós para comezar a xerar rentabilidade e conseguir eses ingresos extras que están deixando de gañar”, remata.

Comentarios