Venres. 19.04.2024
El tiempo

O Museo Etnolúdico de Galicia: A Cultura do Lecer

Algun xoguete do baul MELGA de Ponteceso
Algun xoguete do baúl do MELGA
O Museo Etnolúdico de Galicia: A Cultura do Lecer

Después del juego, dejas a mis pies
las flores anónimas de la infancia.

(Ana Pérez Cañamares).

Érase unha vez... un museo situado no municipio de Ponteceso, centro neurálxico da Costa da Morte, tanto no eido cultural -porque aquí nación o autor da letra do himno galego, o poeta Eduardo Pondal-, como gastronómico -dise que de punta Roncudo extráense os mellores percebes do mundo- como turístico -a súa agreste costa pódese gozar percorrendo a segunda etapa da ruta “O Camiño dos Faros”-.

O museo consta dun edificio de estilo modernista, dunha superficie aproximada de 800 m2 e de máis de 14.000 pezas da colección privada da Fundación Ricardo Pérez e Verdes. Conta, ademais, cun campo de xogo de 3.000 m2.

Lecer e Cultura ou, o que é o mesmo, a Cultura do Lecer atopou neste espazo o mellor lugar, pois aquí realízanse visitas guiadas, exposicións temporais, talleres, sesións prácticas, cursos, conferencias... e todo un abanico de posibilidades dirixidas ao crecemento de Ponteceso como pobo.

Ricardo Perez y verdes levou o MELGA por Europa
Ricardo Pérez y Verdes ten levado o MELGA por Europa

O MELGA ten a súa consecución en Ponteceso grazas ao empeño de Ricardo Pérez e Verdes, tal e como explica el a quen teña interese en escoitalo nas súas interesantísimas visitas guiadas ou que capte a súa emoción ante proxectos futuros como é a creación dun parque temático exclusivo do xogo tradicional ou un ludoteca integrada na bibilioteca municipal.

O MELGA leva sete anos instalado en Ponteceso e é algo único no mundo polo seu funcionalidade, en palabras do promotor. É patrimonio lúdico, e como tal patrimonio é deber convervalo. Aquí pódese ver a evolución histórica do xogo, desde a prehistoria ata a actualidade e desde a apertura visitaron as súas instalacións máis de 30.000 persoas, visitantes que chegan desde distintos territorios de Galicia (sobre un 30%) e doutras comunidades e paises, como Alemania, Francia, Ucrania ou Israel.

Novas relacionadas

Comentarios