Xoves. 25.04.2024
El tiempo

O MELGA de Ponteceso non para

O MELGA de Ponteceso non para
Peques de Malpica con Rafael Perez e Verdes no MELGA de Ponteceso

Non para o Museo Etnolúdico de Ponteceso. O primeiro Museo do xogo de Galicia ten as súas portas abertas na vila de Pondal, co seu creador, Ricardo Pérez e Verdes, sempre atento. Foi o propio Ricardo o que recibíu aos pequenos do CEIP Milladoiro de Malpica a semana pasada, e foi el quen o trasladou ao século pasado para ensinarlles os xogos de antes. Non perderon unha soa palabra os peques.

E xa ten o Museo outra visita pendente. O vindeiro sábado 1 de marzo, o Museo Etnolúdico Galego acollerá un obradoiro de plastilina dirixido pola experta María Noel Toledo. As inscricións faranse no Centro Cultural (981715442). Para maiores de 7 anos.

Obradoiro de Plastilina no Melga de Ponteceso

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios