Sábado. 25.06.2022
El tiempo

Nace Plan B Editora, unha editorial na Costa da Morte

Nace Plan B Editora, unha editorial na Costa da Morte
Portoceo-de-Jose-Antonio-Pet-Posse-e-o-primeiro-libro-editado-por-Plan-B-Editora-a-nova-editora-costeira

Segue espallando a súa semente literaria a Costa da Morte. Plan B Editora é un novo selo editorial que nace ligado ao proxecto "A Tenda dos Libros", que xa conta cun comercio de libraría-papelaría en Ponteceso. A editora pretende complementar os servizos de xestión cultural e de edición que o equipo de A Tenda dos Libros xa ofrecía.

A liña editorial deste novo selo estará centrada fundamentalmente en editar a autoras e autores que teñan algún tipo de relación coa Costa da Morte pero non están pechados a editar calquera tipo de obra en calquera lingua. Os seus primeiros proxectos céntranse na edición de obras descatalogadas pero que o público continúa demandando.

Portoceo de José Antonio Pet Posse

A primeira obra que sacarán do prelo é Portoceo, do pontecesán José Antonio Pet Posse, unha novela que foi finalista do Premio Planeta no ano 1982 e na que se retrata a vida dunha vila da Costa da Morte na época da Transición e na que a través do personaxe principal se adiviña a evolución da sociedade galega durante a década dos 80.

Vindeiras presentacións

Proximas presentacions na Tenda dos Libros

Pero non aparca o seu afán por presentar en sociedade libros xa editados. Así, o día 18 terá lugar a presentación do libro Setas de Galicia y Noroeste Peninsular", do noso colaborador José Castro Marcote; e o 25 o de "Costa do Solpor", do tamén colaborador desta casa Xosé María Lema Suárez.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

comentarios