Mércores. 08.12.2021
El tiempo

Nova limpeza medioambiental da Praia de A Ermida

Con esta iniciativa, LimpOcean pretende concienciar da problemática que supón o lixo mariño para a saúde do noso Planeta e para a de toda a sociedade
EVENTO LIMPEZAS PRAIA_2
Nova limpeza medioambiental da Praia de A Ermida

Este sábado 23 de outubro, de 11 horas a 13:30 horas, a Praia de A Ermida acollerá unha actividade de limpeza e recollida de lixo do areal pontecesán.
Con esta iniciativa, organizada por LimpOcean e coa colaboración do Concello de Ponteceso, pretende concienciar da problemática que supón o lixo mariño para a saúde do noso Planeta, e por conseguinte para a saúde de todas e todos.

Logo da recollida do lixo, levarase a cabo unha clasificación e análise do lixo para que despois poida ser reciclado.

Durante a actividade as e os participantes deberán levar máscara obrigatoria e será preciso inscribirse previamente enviando un correo electrónico facilitando os datos persoais (nome completo, DNI, teléfono) a [email protected]

comentarios