Novas accións na Torre de Brantuas e na Pedra da Serpe co Fondo de Compensación Ambiental


Para que vale o Fondo de Compensación Ambiental? Que contrapartidas reciben os Concellos que sofren a invasión dos eólicos?
O FCA é unha partida orzamentaria que reciben os Concellos que albergan parques eólicos, o chamado “canon eólico” que vai en función do número de aeroxeradores e/ou explotacións que posúan no seu territorio, que soe estar destinado á recuperación e posta en valor medioambiental de espazos naturais.
Poden empregarse en diferentes actuacións, como por exemplo o que vén de facer Ponteceso. Cos 110.000€ que lle “tocan”, vanse realizar actuacións de conservación e posta en valor de espazos como as contornas da Pedra da Serpe ou do Faro de Brantuas.
O ano pasado, a metae dos 110.000€ foron empregados para a contratación dunha cuadrilla medioambiental de 9 persoas encargada de realizar, durante os meses de maio, xuño, xullo e agosto, traballos de limpeza e mantemento en paseos marítimos, fontes, lavadoiros, contornas de elementos patrimoniais de interese e praias para a súa posta en valor.
Ademais, adquiriuse dous vehículos híbridos, postos a disposición da Concellería de Medio Ambiente e da Brigada Municipal de Obras, para facilitar os labores de conservación e mantemento da contorna en todo o termo municipal. Así mesmo, parte desta axuda foi destinada á compra de maquinaria (un corta-céspede, motoserras, un dumper e ferramenta) para equipar aos traballadores co material necesario para o desempeño das súas funcións.
Outros investimentos do Fondo de Compensación Ambiental
- Marzo 18: O Fondo de Compensación Ambiental repercute na ETAP de Malpica.
- Febreiro 18: O Fondo de Compensación Ambiental deixa 200.000€ en Mazaricos.
- Febreiro 18: Importantes avances no saneamento dumbriés gracias ao Fondo de Compensación Ambiental.
- Agosto 17: O Fondo de Compensación Ambiental permitiu habilitar unha instalación solar térmica no Pavillón de Santa Comba.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).