Venres. 19.04.2024
El tiempo

O novembro de Ponteceso, o mes do Teatro

Ciclo Teatro Ponteceso
O novembro de Ponteceso, o mes do Teatro

Do 6 ao 27 de novembro desenvolverase a XXVIII edición do Ciclo de Teatro en Ponteceso. Todos os sábados do mes, ás 22:30 horas, o salón de actos do Edificio das Escolas acollerá representacións de grandes compañías da escena galega.

Estas son as actuacións previstas:

  • 6 de novembro: "Feminísimas" de Ste Xeito Producións.
  • 13 de novembro: "Mofa e Befa: dúas pedras no camiño" de Producións Teatrais Excéntricas.
  • 20 de novembro: "A lingua das bolboretas" de Sarabela Teatro.
  • 27 de novembro: "Dúas donas que bailan" de Teatro Andamio.

Lembran que é preciso reservar as entradas contactando co Departamento de Cultura do Concello de Ponteceso na mesma semana en que se representará o espectáculo ao que se desexa acudir ou unha hora antes da función.

Novas relacionadas

Comentarios