Sábado. 29.01.2022
El tiempo

O Museo do xoguete colle sona internacional

O Museo do xoguete colle sona internacional
Un xoguete do Museo Municipal Etnolúdico Galego (MELGA) de Ponteceso

Ricardo Pérez y Verdes, é o maior impulsor do Museo Municipal Etnolúdico Galego (MELGA). Un museo que dignifica a figura do xoguete e o convirte nunha peza de museo. Xa puidemos disfrutar na planta baixa do Centro Cultural a comezos do pasado mes unha pequena mostra do que será, e atopamos dende cochiños coma este, ata o xogo da rá, patíns, bicis, bolos... Infinidade de pezas que servirán para percorrer a historia das civilizacións a través do xogo.
E a de Galicia, claro, pois principalmente Verdes puido achegar máis de 250 pezas do noso país. Un xeito perfecto para que os maiores e os pequenos poidan compartir experiencias.

Ricardo Pérez y Verdes presentando o MELGA en Italia

O propio Verdes acaba de chegar dunha viaxe por varios puntos de Europa, onde dou a coñecer o proxecto do Melga. Un Museo que vai collendo sona internacional. Ricardo estivo presente no Congreso do Festival Internacional TOCATÍ de xogos e deportes tradicionais europeos en Italia. Devandito encontro desenvolveuse os días 21, 22 e 23 do mes de setembro en Verona (Italia).

Esta vez o país invitado foi México e os países que interviñeron, cos seus xogos máis significativos foron: Croacia, Inglaterra, Francia, España, Irlanda, Suíza, Grecia, Escocia e todas as rexións de Italia. En total medio centenar de xogos diferentes. Ademais da práctica dos mesmos, desenvolveuse paralelamente actividades folclóricas e musicais. As culturais desenvolvéronse a través de conferencias e exposicións de traballos de investigación cos mellores expertos italianos e doutros países.
Todas as institucións, poboación italiana, estranxeira e sobre todo veronesa, dedicaron un gran espectáculo na rúa con máis de 100.000 persoas participando de todos os xogos que alí se presentaron.

Galicia será a capital do xoguete en 2013

O ano que vén aprobouse por unanimidade que o Congreso Europeo de Xogos e Deportes Tradicionais desenvolverase na nosa comunidade autónoma de Galicia, por iso estivo presente no acto de inauguración, un grupo de danza, gaitas, pandereitas e acordeón de Santiago de Compostela, convidando a todo o mundo a vir á nosa terra o próximo 2013, e por suposto a Ponteceso.

Novas relacionadas

Fonte

comentarios