O Percebe, o rei das festas
09:05 16/07/18
Por algo lle chaman o Rei do Marisco ao percebe. Ademais da extrema calidade, e do valente proceso de extracción, a Festa do Percebe tamén é unha boa razón. Unha das 10 Festas de Interese Turístico da Costa da Morte que congrega en si mesma varias vertentes: a gastronómica e a trouleira.
Para a “fase gastronómica”, unha semana estiveron os percebeiros extraendo quilos e quilos de protagonista ata superar os 800. Uns 30 valentes percebeiros que ao longo da semana foron escollendo as mellores pezas, para que as 30 persoas que participaban na organización da festa gastronómica, os prepararan ao gusto de todos. Este ano había boa colleita ademais, cuns perdebes sabrosos e de bo tamaño.
A carpa situada no porto serve de centro de operacións para que veñen ata corme para degustar o famoso percebe do Roncudo.
Carpa da Festa do Percebe do Roncudo
Festa do Percebe do Roncudo 2018-Fotos-Fin Lema
Outros fican nas rúas da vila, facendo a procesión de bar en bar; ou na zona da Ribeira, ou xa directamente na zona da festa, dándolle ao vermú e á cintura. Son os que veñen a Corme pola festa. E son moitos. Unha gran cantidade veñen armados por bandas, distinguidos con camisetas feitas para a ocasión con lemas como “O porcebe é o futuro”, “Tarde mal e arrastro”, "Percebes e copón, menudo cebollón"… É a demostración da tradición trouleira cormelá, que fai que todo o mundo teña preparada a súa vivista á capital mundial do percebe.
No medio de todo sitúase o pregón, unha cita ineludible, que este ano presentaba a actriz xalleira , e medio bergantiñá, Isabel Blanco. Subíu á escena á patroa e ao presidente da organización da festa, e recordou aquel Cormelle de Mareas Vivas que atravesou o país.
Isabel Blanco na Festa do Percebe do Roncudo 2018-Foto-Fin Lema
Este ano, entre as novidades destacou a tirolina, que permitía atravesar o porto ao tarzán sendo unha das atraccións da tarde.
Así, despois de un par de racións de percebe, unha lanzada en tirolina, uns cantos quintos, un pasodoble, e un pouco de “chundachunda”, quedamos para o ano que vén… e xa temos eslogan pensado para a camisola!
Festa do Percebe do Roncudo 2018-Fotos-Fin Lema
Festas do Carme
E con apenas medio domingo para descansar, Corme érguese este luns de festa de novo, para celebrar as Festas do Carme durante este luns e martes.Novas relacionadas
https://quepasanacosta.gal/as-10-festas-de-interese-turistico-da-costa-da-morte/Galerías das Festas do Percebe do Roncudo
https://quepasanacosta.gal/corme-celebrou-os-25-anos-da-festa-do-percebe-do-roncudo/- Festa de Percebe do Roncudo 2016: Gastronomía e troula, protagonistas por igual na Festa do Percebe do Roncudo.
- Festa de Percebe do Roncudo 2015: O percebe e a troula triunfaron a partes iguais na Festa do Percebe do Roncudo.
- Festa de Percebe do Roncudo 2014: O percebe, en imaxes.
- Festa de Percebe do Roncudo 2013: Moito máis que un sábado de percebes e rockandroll.
- Festa de Percebe do Roncudo 2012: 20 anos de percebes e festa en Corme.
- Festa de Percebe do Roncudo 2011: Corme esgotou cos 1.000 quilos de percebes do Roncudo.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).