![Fondo Aguiar - Foto: Angel Martínez]()
Onte recibiamos unhas
declaracións dos socialistas de Ponteceso nas que criticaban o camiño do Concello en canto ao eido da economía. Pois ben, os conservadores non tardaron en respostar ás verbas progresistas.
Dende o PP de Ponteceso consideraron que o voceiro do PSOE, Lois García Carballido, está “obsesionado por saír nos medios buscando
titulares absurdos e sen fundamento”.
Os populares respostaron ás acusacións de García Carballido, que dixo que no Concello se agochaban facturas para ocultar o déficit, explicando que
todos os proveedores do Concello rexistran as facturas no Rexistro Municipal e levan con eles unha copia da factura rexistrada.
O equipo de goberno de Ponteceso considerou a actitude de Lois García Carballido como
“irresponsable” e recomendaron ao voceiro dos progresistas que “adique máis tempo a estudar o funcionamento do Concello, institución á que representa e descoñece”.
Novas relacionadas
Fonte
- Nota de prensa do PP de Ponteceso.