Venres. 29.03.2024
El tiempo

Os socialistas de Ponteceso fan un repaso á situación económica e critican os soldos

Os socialistas de Ponteceso fan un repaso á situación económica e critican os soldos
O grupo municipal do Partido dos Socialistas de Galicia - PSOE  de Ponteceso vén de repasar a situación do Concello en canto á economía, facendo un especial fincapé nos soldos da corporación. Os socialistas criticaron que o alcalde pasara a percibir 49.000 euros ao ano, “sendo o alcalde coa retibución máis alta de toda a Costa da Morte malia ao tamaño do noso concello, con menos de 6200 habitantes”. O PSOE tamén critica que todos os concelleiros perciban retribucións. Para os socialistas, os feitos non coinciden cun Real Decreto que propagaba medidas extraordinarias para a diminución do déficil público, cunhas medidas de axuste para distribuir do xeito máis igualitario posible, o esforzo a desenvolver para a sustentabilidade das finanzas públicas. Outra das cousas que critican é “a omisión de créditos para o cumprimento de obrigacións esixibles”. Os socialistas consideran que, de aprobarse definitivamente o orzamento, “omite créditos suficientes e necesarios para o pago de numerosas facturas pendentes ocultas en distintos caixóns dos despachos e as oficinas municipais”. Hai máis críticas no terreo económico por parte do bando socialista pontecesán, como os parámetros de aforro neto e estabilidade orzamentaria, os cales cuestionan, ou a falla de liquidez. Ante esta análise, os socialistas piden unhas remuneracións “xustas e equilibradas” acordes co tamaño do concello pontecesán, e que se teña en conta a situación financeira actual do ente local.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do PSOE de Ponteceso.

Comentarios