Venres. 26.04.2024
El tiempo

A oposición ao completo de Ponteceso reproba ao seu alcalde en pleno

Pleno de Ponteceso setembro 22
Imaxe do pleno de onte
A oposición ao completo de Ponteceso reproba ao seu alcalde en pleno

O grupo APIN, co apoio dos Non adscritos e o PP, presentaba no pleno celebrado onte en Ponteceso, unha moción de reprobación contra o seu alcalde. Todos os grupos, agás o PSOE, votaron a favor desta nova demostración do rexeitamento dos representantes políticos contra o seu rexedor.

O voceiro de APIN, José Manuel Verdes, denunciou a “parálise institucional sin precedentes” e a “crise política e un desgoberno que está afectando dun xeito grave aos intereses xerais e sociais do noso Concello pola inoperancia do goberno no seu conxunto”.
APIN lembra que os orzamentos levan prorrogados dende 2020, que non houbo axudas extraordinarias para empresarios ou veciños, e critica principalmente a “falta de diálogo e mala xestión”, así como a “falta de transparencia e obstaculización dos grupos municipais”.

Con todo este contexto, os 3 grupos da oposición (incluído o PP a pesar das reiteradas peticións durante o pleno do alcalde de "entablar unha relación de diálogo" co grupo popular) aprobaron esta reprobación.

Imputación

Pero o pleno tiña moito máis, apenas uns días despois de coñecer que o secretario de Concello, E.C., acompañará como imputado por prevaricación ao Alcalde Lois García Carbalido pola aprobación irregular das obras de repotenciación do parque eólico de Corme, trala denuncia interposta polos veciños e propietarios dos montes afectados. Un asunto sobre o que o alcalde, a pesar das continuas preguntas dos non adscritos, non quixo responder por “estar xudicializado”. “Non entendo por que non quere explicar os veciños o que fixeron tanto el como o secretario”, lamenta o edil Daniel García Cotelo.

Nese sentido, os non adscritos piden tamén a súa dimisión pola falta de diálogo sobre o POS complementario. O PSOE presentou un proxecto de obras sen chegar a acordos coa oposición polo que contou cos únicos votos a favor do PSOE.

Novas relacionadas

Comentarios