Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Os empresarios de Ponteceso argallan un mercado pondaliano

Os empresarios de Ponteceso argallan un mercado pondaliano
Entre os días 17 e 20 de maio, o comercio e a hostelería de Ponteceso unen forzas para formentar as ventas baixo o paraugas do Mercado Pondaliano. Na iniciativa - posta en marcha pola asociación de empresarios coa colaboración do concello - participan uns 40 establecementos de distintos sectores que ofrecerán descontos, unha ruta de pinchos, un mercado artesán e actividades para os máis pequenos. O Mercado Pondaliano arranca o xoves, 17 de maio, ás 11:30 horas da man da regueifeira Lupe Blanco. A cita é na Praza do Recheo de Ponteceso onde haberá un mercado artesán, con distintos postos de artesanía e gastronomía, e onde tamén estarán o grupo os Farrapos de Cesullas que se encargará de ambientar musicalmente o arranque da campaña. Para os máis pequenos haberá diversas atraccións. A continuación, os locais de hostalería poñerán en marcha a II Ruta Pondaliana cuns pinchos moi apetecibles. Ademais, os organizadores animan aos asistentes a que acodan vestidos de época para darlle un toque de diversión á actividade. O Mercado Pondaliano continúa o venres e o sábado, 18 e 19 de maio, con descontos nos distintos establecementos colaboradores nos que os comerciantes despacharán con vestimentas propias da época de Eduardo Pondal. Ademais, continuarán o mercado artesán e as atraccións infantís na praza do Recheo e haberá animación polas rúas de Ponteceso da man de “El niño Lápiz”. E xa o domingo, día 20, a actividade concentrarase na Praza do Recheo onde coas atraccións para os máis pequenos e o mercado artesán. Ademais este ano contaremos cunha nova actividade dirixida aos máis atrevidos. Así, colocarán unha tirolina de 130 metros de lonxitude ao longo do río Anllóns. Establecementos participantes Nesta campaña participan os seguintes establecementos: Talleres Canto, A Bordo, Carnicería Relleno, Bar Rosalía, Petit Moda Infantil, Clinica Dental José RamónBazar, Carfin Moda, Andreka, Peluquería Marisol, Parafarmacia Horizonte, Paquetería La Nueva, Elegants, Flor y Campo, Bar Faldra Folk, Todo Lar, Bar Eira, Estanco A Trabe, Xoiería Romar, Bar Abeiro, Bar Madison, Óptica Trabe, Zapatería A Pesqueira, Bar O Cruce, A Tenda dos Libros, Supermercado Diana, Imprenta Ponteceso, Xoiería Reymira, O Tendal, Arautos, Bar A Pesqueira, M & C Moda, Pescadería Barreira, Bar TYM, Imprenta Axuste,  Electrodomésticos Santos, Pinturas Peón, Carnicería Eusebio, Peluquería Imaxen e Bar Eiroa. Fonte

Comentarios