Martes. 23.04.2024
El tiempo

Os futuros chefs están en Ponteceso

Os futuros chefs están en Ponteceso
escola-cocina-ponteceso Un total de 26 nenos e nenas participan na Escola de Cociña posta en marcha polo concello pontecesán Con tres anos de andaina, a Escola de Cociña posta en marcha polo concello de Ponteceso vai camiño de consolidarse como unha das principais actividades de ocio infantil municipal. Preto de 30 cativos/as, procedentes de diversas parroquias do municipio, integran na actualidade a Escola Municipal de Cociña; unha iniciativa da área de Cultura, que xestiona directamente o alcalde, Lois García Carballido. Na actualidade, 26 alumnos e alumnas integran a escola de cociña, que cada mércores pola tarde abre as súas portas á imaxinación e á creatividade dos máis pequenos/as. Ademais de elaborar receitas típicas da nosa gastronomía e descubrir a inmensa variedade de produtos locais, os/as participantes tamén se atreven con pratos internacionais e menús máis arriscados e innovadores, merecedores de máis dunha Estrela Michellin. escola-municipal-cocina-ponteceso Nos obradoiros elaboran recetas típicas da gastronomía galega Os obradoiros, impartidos pola cociñeira Sandra Varela Amado, teñen unha duración de hora e media e divídense en dous grupos. Nada máis rematar a xornada lectiva, dá comezo a primeira sesión, na que participan 18 nenos/as, na cociña do CEIP Eduardo Pondal de Ponteceso, grazas á colaboración do centro educativo. A continuación, celébrase outra en Corme, nun local cedido por un veciño, á que asisten 8 rapaces e rapazas. A finais de curso, entre os meses de maio e xuño, organízase un concurso de cociña denominado Pontechef no que o alumnado bota toda a carne no asador, poñendo a proba a súa capacidade creativa e a súa destreza entre fogóns para elaborar suculentas e divertidas propostas culinarias. Máis alá do entretemento e a aprendizaxe culinaria, a Escola Municipal de Cociña tamén funciona como punto de encontro para os máis cativos/as. Desde a área de Cultura destacan entre os seus principais obxectivos o desenvolvemento de habilidades sociais e comunicativas, o fomento da autonomía persoal e a adquisición de hábitos saudables para combater a obesidade infantil e os trastornos alimenticios.  Fonte

Comentarios