Venres. 19.04.2024
El tiempo

Os peóns saltan ao camiño en Ponteceso

Os peóns saltan ao camiño en Ponteceso

Volve o peón ao camiño, coma cada ano, polo San Martiño. Son as escolas as que soen recuperar estas citas culturais, e desta volta tócalle o turno ao museo etnolúdico galego (Melga), que terá a súa sede no centro cultural en Ponteceso. O novo centro cultural prepara para o vindeiro 12 de novembro unha morea de actividades.

No evento que levará por nome I Festipopeóns, poderán participar todas as persoas que o desexen, sexa cal sexa a súa idade, inscribíndose na actividade correspondente chamando ao 981 71 5442, número do Centro Cultural de 09.00h a 13.00h e de 16.00h a 20.00h.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Concello de Ponteceso.

Comentarios