Os peóns saltan ao camiño en Ponteceso
10:25 08/11/11
Volve o peón ao camiño, coma cada ano, polo San Martiño. Son as escolas as que soen recuperar estas citas culturais, e desta volta tócalle o turno ao museo etnolúdico galego (Melga), que terá a súa sede no centro cultural en Ponteceso. O novo centro cultural prepara para o vindeiro 12 de novembro unha morea de actividades.
No evento que levará por nome I Festipopeóns, poderán participar todas as persoas que o desexen, sexa cal sexa a súa idade, inscribíndose na actividade correspondente chamando ao 981 71 5442, número do Centro Cultural de 09.00h a 13.00h e de 16.00h a 20.00h.
Novas relacionadas
- Coidamos na Costa do patrimonio lúdico galego?.
- San Martiño 2010: A revolución do trompo chegou a Corcubión.
- San Martiño 2008: Polo San Martiño, volve o peón ao camiño.
- San Martiño 2007: Polo San Martiño, peón ao Camiño.
Fonte
- Nota de prensa do Concello de Ponteceso.